Recurso robótica educativa


 O noso proxecto elexido foi -e-textís e paper-circutis (Circuítos con LEDS). Onde pretendemos que os nenos e nenas descubran como se fai circuitos de leds con simples materiais (coma serían os folios)
 CONTIDOS
Con este proxecto, o que queremos ensiñarlle aos alumnos/as é que poden descubrir numerosos deportes dunha maneira máis divertida e entretida a través do noso traballo, utilizando tanto leds coma circuitos. Neste proxecto, as leds están incrustadas en dous elementos: Leds de cor amarelo nunha piragüa (indicando a facilidade coa que te podes perder no mar senon tes nada que poda recoñecer túa posición) e de cor vermello nunha portería (facendo que esta se ilumine cando un balón tamén de papel entra nela, indicando así o gol)
 OBXECTIVOS
O obxectivo deste proxecto é que os nenos e nenas aprendan novos deportes co fin de que podan practicalos, ademais de comprender os valores e dificultades que pode haber neles.
ROL DO ALUMNADO
 O papel dos nenos e as nenas neste proxecto é un papel activo, xa que teñen que facer por eles mesmos os seus propios instrumentos de deportes, aínda que nos temos que axudalos xa que por si mesmos non poden facer todo o que eles queren.
POTENCIALIDADE DA TECNOLOXÍA
 A través da tecnoloxía empregada neste proxecto os nenos e as nenas poden aprender dunha forma máis lúdica, como sería o exemplo da portería con leds, os cales ilumínanse ao marcar gol cun balón de papel recheo de cobre. Esta actividade está orientado para os alumnos/as de tres a seis anos, sendo así unha actividade máis activa para eles.

Comentarios

Entradas populares